top of page
Partitura
Partitura

Música fácil by Gloria RG

A música contemporánea non consegue chegar á meirande parte do público debido en gran parte, á música comercial que sona a diario e a case que todas horas.

Na literatura existe dende o ano 1968 a posibilidade de atopar un libro en dúas versión, unha a que inicialmente concebiu o escritor ou escritora, e outra na versión de “lectura fácil”. É por elo polo que pensei no idóneo que pode resultar levar esta idea á música contemporánea.

Naturalmente na música non podemos concebir unha mesma composición con dúas versións estilísticas, pois nada terían que ver a unha coa outra, polo que serían dúas composicións diferentes. Pero sí podemos compoñer directamente “música fácil” independentemente de que realizemos outras composicións noutros estilos musicais.

Vou definir as partes musicais da composición ao estilo “música fácil”.

MÚSICA FÁCIL DO SÉCULO XXI

FORMA:

Pode ser binaria, ternaria, etc. o verdadeiramente importante será que se produza a repetición do material, como ben pode ser a cuadratura do clasicismo (agora non necesariamente tonal), a reexposición ou o rescate de material presentado. A miña preferencia é a forma ternaria pola relación co circular.

 

ESTILO:

Debemos evitar virtuosismos, así como unha linguaxe contemporánea tipo ruidismo ou serialismo. A música electrónica tamen pode entrar na categoría “música fácil” se se acolle a estes parámetros.

 

HARMONÍA:

O tratamento da disonancia será o máis aberta posible, preferindo as 9ª ás 2ª, e suavizando as mesmas mediante 4ª aumentadas (do-fa#-re).

Hai que favorecer a repetición da harmonía, ainda que sexa con modificacións sutiles, preferiblemente nas voces intermedias para que as voces extremas nos servan de apoio auditivo, o que evitará que o seguinte acorde resulte estridente.

TEXTURA:

Evitar demasiada información ao mesmo tempo, limitando o contrapunto a 3 ou 4 voces, e que teñan nexos comúns de cando en vez entre elas.

Preferencia pelas texturas harmónicas, incluso tratándose das espectrales simples.

 

EXTRA:

A prioridade será a dunha música relaxante, sen demasiado movemento rítmico.

Deben ser empregadas as pausas, o espazo entre as notas, as respiracións, os caldeiróns, porque se a música respira, o público respira.

 

ROBERT MANN di que respirar é moi importante para todo instrumentista, e engade que o silencio non é a ausencia de son, senon un son chamado silencio.

OZAWA relaciona o anterior co concepto xaponés MA, que está presente no GAGAKU, que é unha música de corte imperial que se tocaba con piwa ou sakahachi, e onde os silencios non se escreben, tal e como facemos na música occidental.

Resúltame curioso que antes de que eu lera o que acabo de compartir, xa estaba deixando en branco os pentagramas, sen escribir polo tanto, silencios de ningún tipo.

Sal marina

Máis información

bottom of page